KENPO KARATE · RIBEIRA + A POBRA

O NorteKenpo Karate · Combate · Adestramento persoal

Kenpo Karate, combate e adestramento persoal en Ribeira e na Pobra do Caramiñal.

Abel e Germán
Abel + GermánKenpo, formación e adestramento

Que queres facer?

01Comezar Kenpo02Adestrar03Ver horarios

APRENDER E REPASAR

Biblioteca de vídeos.

Leccións breves para acompañar o teu adestramento e repasar ao teu ritmo.

Entrar na biblioteca

Vídeos públicos e leccións privadas co teu código persoal.

UN RECOÑECEMENTO ÁS ORIXES

Cardalda e Juan Hombre.

O Kenpo de Ribeira ten unha historia compartida. Recoñecemos o labor de Juan Hombre e de José Cardalda na súa transmisión e desenvolvemento na comarca. Un legado de ensino e práctica ao que O Norte dedica este pequeno recoñecemento.

OS PRIMEIROS PASOS

Juan Hombre

En 1974, Juan Hombre comezou a practicar artes marciais en Ribeira. Sen unha escola próxima, apoiouse en libros e vídeos; despois sumáronse os seus irmáns e un grupo de amigos. A formación en cursos noutras cidades contribuíu á creación do Sheng-Chi-Pai en 1978. En 1980 levou o seu ensino a varios colexios da zona.

TRANSMITIR E DAR CONTINUIDADE

José Cardalda

Entre aquel alumnado estaba José Cardalda, do Colexio Bayón, que chegaría a ser o primeiro cinto negro de Juan Hombre. O 7 de febreiro de 1988, Juan confioulle a continuidade do estilo. Cardalda mantivo o ensino e, xunto cun grupo de practicantes, formalizou o club o 28 de agosto de 1998. O nome evolucionou ata a denominación Club Kenpo Karate Ribeira, adoptada en 2019.

Un legado que merece memoria.

Na convocatoria do 50 aniversario, en 2024, o club volveu poñer en valor a figura de Juan Hombre como fundador e presidente de honra. En O Norte dedicamos este espazo a recoñecer ese labor de ensino e transmisión do Kenpo en Ribeira.

O Kenpo é o centro de O Norte.

Unha academia de Kenpo para aprender, adestrar e progresar.

UN PROXECTO, TRES FORMAS DE AVANZAR

Adestrar con propósito.

AO DÍA

Actualidade O Norte

Noticias e prensa
Entrevista diante do emblema do Club Kenpo Karate Ribeira

PRENSA E CONTIDO EXTERNO

Ximnasios · Canal Barbanza (2026)

Compartimos a peza «Ximnasios» de Canal Barbanza, publicada o 17 de outubro de 2026. Podes ver o vídeo completo na súa canle de YouTube.

Ler publicación externa
Abel e Germán

PRENSA E CONTIDO EXTERNO

Diario de Arousa recolle a inauguración de O Norte

Diario de Arousa recolle a apertura da academia na rúa Gasset, na Pobra, cunha asistencia de arredor de 200 persoas. A noticia, publicada o 12 de novembro de 2024, presenta o proxecto de Abel Rey e Germán Rodríguez e o seu vínculo coa escola de José Cardalda.

Ler publicación externa
Dúas persoas practican artes marciais nunha sala de paredes verdes

PRENSA E CONTIDO EXTERNO

O ximnasio da Pobra en Canal Barbanza

A peza «Ximnasio Pobra» de Canal Barbanza, publicada o 6 de novembro de 2024. Compartimos o enlace para ver a reportaxe completa na canle do medio.

Ler publicación externa

QUEN ESTÁ DETRÁS

Un proxecto con nomes propios.

Abel Rey en Ribeira e Germán Rodríguez na Pobra son os responsables de O Norte. Kenpo Karate, combate e adestramento persoal en dúas sedes.

01

Abel Rey

Responsable da sede de Ribeira

02

Germán Rodríguez

Responsable da sede da Pobra

O NORTE · RIBEIRA · A POBRA

O primeiro paso é vir coñecernos.

O NORTE EN MOVEMENTO

Dentro da academia.

Síguenos en Instagram ↗

ATOPA O TEU CAMIÑO

Como queres
empezar?

Catro accesos. Sen formularios nin voltas.